lunes, 11 de noviembre de 2013

Cómo previr :

A norma dos 30 días. Cando vaias comprar algo que non necesitas, espera 30 días dende que vexas o produto ata que o compres. Se ao cabo de 30 días segues pensando que che fai falta, entón cómprao. Podes acurtar o prazo a 15 días se ao principio 30 días che parecen excesivos. Limita no posible o número de impactos publicitarios: anuncios de TV, páxinas web, páxinas de oferta, etc... A máis impactos máis posibilidades de que algún de no branco.
 Polo mesmo motivo, trata de non te subscribir ás newsletters ou boletíns das marcas ou empresas de comercio electrónico. Se cada día estás a recibir ofertas, acabarás comprando produtos ou servizos que nin necesitas nin che apetecen. E non temas por iso perderche unha boa oferta, xa a buscarás cando che faga falta.
En situacións especiais como as rebaixas ou as grandessupeficies, vai de compras cunha lista do que realmente necesitas. Podes darche a marxe para algún capricho pero recorda que o desconto é atractivo para o noso cerebro e iso é unha trampa mental.Agradece e valora o que tes.
É posible que teñas suficiente de case todo.
Optimiza ao máximo as cousas que tes. Tiramos ou deixamos nun caixón aparatos que funcionan perfectamente só porque o novo fai unha cosita más...Podemos alongar a vida útil de moitos dos produtos que consumimos, reciclalos para outros fins, etc...
Non che pases o día comparándote cos demais. Se non paras de mirar o que os demais teñen, seguro que sentirás que tes pouco. Como di o refrán: o xardín do veciño sempre é máis verde...
Andar pendente de apagar a luz ao salir dos sitios,cerrar o auga cando non se usa...
Deixar o teléfono que pode crear adicción e empezar a falar más en persoa,cos teus amigos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario