En cuestión de tecnoloxía , pódese detectar por : pasar moito tempo co teléfono ou ordenador,deixar de comunicarse,encerrarse en sí mesmo...
No ámbito da casa detéctase por non aforrar en auga,gastar moita luz,non preocuparse polo que gastamos...
As principais causas son :
Sentirse só e empezar a falar con outras persoas a través de internet
A publicidade, que nalgunhas ocasións consegue convencer ao público de que un gasto é necesario cando antes se consideraba un luxo.
A predisposición de usar e tirar de moitos produtos,
A baixa calidade de moitos produtos, que levan consigo un período de vida relativamente baixo (obsolescencia programada), os cales son atractivos polo seu baixo custo, pero a longo prazo saen máis caros e son máis daniños para o medio.
Algunhas patoloxías como obesidade ou depresión que nos fan crer máis doadamente na publicidade enganosa, crendo con isto que podemos resolver o noso problema consumindo indiscriminadamente alimentos, bebidas, artigos milagrosos ou outro tipo de produtos.
O refugallo inadecuado de obxectos que poden ser reutilizados ou reciclados, xa sexa por nós ou por outros.
A cultura e a presión social.
Estímase que unha de cada 20 persoas nos Estados Unidos ou o 6% da poboación é shopaholic (17 millóns). Aínda que as mulleres teñen a fama, a proporción de homes adictos a comprar é máis ou menos igual á das mulleres. Non os vemos nas tendas porque compran máis por Internet. Prefiren ferramentas e xoguetes ou efectos electrónicos. As mulleres compramos roupa, zapatos e xoiaría.
Necesitan ter control sobre as cousas.
Son xenuinamente impulsivos e compulsivos.
Compran artigos en cantidades múltiples, por exemplo, a mesma blusa ou camisa en dez cores.
Almacenan cousas innecesarias.
Esconden da súa familia o que compran.
Senten culpa ou vergoña despois dos ataques de compra, pero seguen comprando aínda que se sintan culpables.
Comprar cáusalles sentimentos moi intensos.
Gastan excesiva e impulsivamente.
Nas tendas coñécenos polo seu primeiro nome.
Teñen problemas financeiros, débedas excesivas e problemas nas súas relacións familiares.
Sepáranse dos amigos que compran pouco.
A súa condición non é graciosa. É tan grave que poden ter problemas no traballo por faltar, chegar tarde, comprar por computadora en horas laborables ou ter máis dun traballo para pagar as tarxetas de crédito. Non lles sobra diñeiro e poñen en perigo moitos aspectos da súa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario