lunes, 11 de noviembre de 2013

Qué son os hábitos consumistas,cando e onde ?

Os hábitos consumistas son o desexo de querer acumular obxectos innecesarios como roupa,tecnoloxía...simplemente pola ambición e o desexo de querer ter cada vez máis,pero tamén se inclúen dentro dos hábitos consumistas gastar moita luz,non aforrar auga...
Tamén é usar moito o teléfono,ordenadores,tabletas electrónicas...
O consumismo ou consumo a grande escala na sociedade contemporánea compromete seriamente os recursos naturais e o equilibrio ecolóxico, se non se poñen en marcha alternativas construtivas relacionadas co desenvolvemento sostible -ecoloxismo, decrecemento, consumo responsable, agricultura-. O consumismo, entendido como adquisición ou compra desaforada, idealiza os seus efectos e consecuencias asociando a súa práctica coa obtención da satisfacción persoal e mesmo da felicidade persoal.
Danse en persoas de todas as idades,por exemplo se compramos compulsivamente , se non aforramos en auga en luz...
Na cuestión de comprar compulsivamente soe ser xente de mediana idade que se sente vacío,cunha autoestima baixa...e nunha situación económica positiva que sinte a necesidade de rechear un oco na súa vida.
Dáse na casa mesma,en internet,nos centros comerciais,na publicidade agresiva...




No hay comentarios:

Publicar un comentario